domingo, 16 de noviembre de 2014

"CIENCIA QUE CONTA": O NENO QUE SOÑABA BAIXO A CARBALLEIRA

Hola a todos/as!
Esta vez, os voy a enseñar un cuento presentado al concurso "Ciencia que conta" que se celebro el año pasado. Nosotros nos teníamos que encargar de añadir hiperenlaces a este relato.
Para poder hacerlo seguimos los siguientes pasos:
-1º: Tuvimos que buscar un cuento que nos gustara del anterior concurso.
-2º: Después de esto tuvimos que transformar el cuento en pdf a un formato en doc, mediante PDF to Word Doc Converter.
-3º: A continuación guarde el archivo en un documento de texto de Google Drive.
-4º: Finalmente inserte el documento de texto con los hiperenlaces necesarios en el blog.
Quedando de la siguiente manera:

O NENO QUE SOÑABA BAIXO A CARBALLEIRA
Darío Barro Fernández
IES Rosalía de Castro (Santiago de Compostela)


Nunha pequena aldea de Aragón naceu un neno ao que chamaron Santiago.
Creceu feliz. Roubáballes horas ás aburridas leccións da súa escola para dedicalas a facer inventos, travesuras e, sobre todo, pasar o tempo soñando baixo a maraña de ramas da carballeira que tiña a carón da súa casa. Así foi facéndose home e chegou a médico, compensando o mal estudante que era coa súa intelixencia e o seu crecente interese polo que pasaba ao seu arredor.
Un día comprou un instrumento óptico cuxas lentes lle permitiron ver o que os seus ollos non lle deixaban e comezou a observar anaquiños da parte do corpo humano que el xa sabía que eran as que lle permitían sentirse vivo.
Moitas voltas lle dera a que na máquina do seu corpo tiña que exis- tir un motor máis poderoso que o corazón. Cando aprendeu que o tesouro maior, o máis protexido que posuíamos, era o que se atopaba dentro dun casco duro e compacto chamado cranio, soubo que ese órgano era o cerebro.
Cando achegou os seus ollos ao visor do microscopio puido recordar a imaxe máis clara da súa infancia, as ramas entrelazadas da carballeira estaban naquel anaquiño de cerebro, pero non eran os seus recordos, senón algo moito máis importante. De neno descubrira que as ramas partían de troncos e que había moitos; de home descubriu que as ramas levaban a neuronas e que tamén había moitas e que estaban moi preto, sen tocarse, unhas doutras, e que se podían comunicar a través desas ramificacións lanzando impulsos eléctricos.
Ao descubrilo sentiuse feliz e entendeu que era o seu cerebro o que lle permitía ter esa sensación e todas as vividas e por vivir. Ademais, despois de observar, formular hipóteses e experimentar elaborou teorías sobre como funcionaba o noso tesouro. Hoxe sabemos que o corazón nos mantén vivos, pero o cerebro permítenos vivir: movemos as pernas, os ollos
e os brazos porque as neuronas transmiten ordes que chegan a eles a través de terminacións nerviosas que temos no corpo e pensamos, aprendemos e soñamos porque temos neuronas no cerebro.
Aquel neno ao que do colexio só lle gustaba debuxar e facer ximnasia e que as súas malas notas o levaron a ser aprendiz de zapateiro, chegou a ser un dos máis grandes científicos da historia.
Un día do ano 1906, nun país chamado Suecia, Santiago empregaba centos das súas conexións neurolóxicas para avanzar, entre aplausos, a recoller o seu premio.

No salón de cerimonias oíuse: «O Nobel de Medicina é para Santiago Ramón y Cajal». O neno que nacera nunha pequena aldea de Aragón e crecera soñando baixo a maraña das ramas dunha carballeira.

No hay comentarios:

Publicar un comentario